Monday, October 13, 2008

O gañador de 'A polo ghit' participará na Eurovisión das linguas minorizadas

O gañador de A polo ghit, o concurso co que a Radio Galega e Vieiros buscan a canción galega do verán participará representando a Galicia no Liet Lavlut, o festival da canción das linguas minorizadas, cuxa gran final se desenvolvera o 18 de outubro na cidade sueca de Lulea. Nela concursarán tamén artistas corsos, frisios, galeses, bretóns e asturianos, entre outros. A participación do representante galego financiaraa a Consellería de Cultura e Deporte.

Outros artistas galegos como Uxía ou Anubía participaron noutras edicións. Fran Pérez, Narf, conseguiu a segunda posición en 2006 coa canción Santiago.

O gañador do premio do xurado e o do público, participarán nunha programación especial de seis concertos. Son xa 53 as cancións que participan. O 16 de xullo pecharase o prazo de recepción de cancións. O 2 de agosto designaranse 10 finalistas, 5 escollidos polo xurados e 5 pola audiencia, a través dos seus votos na páxina web (http://apologhit.vieiros.com),chamadas e sms.

1 comment:

Euterpe said...

tendrías que hablar más del festival y menos del Apologhit...mejóralo!